top of page

LITERATURA

O Caso dos
Amantes de París

Novela.
Belagua Ediciones, 2021.

Un dobre asasinato cometido ás portas da residencia universitaria Monte da Condesa levará o nome da estudante de Psicoloxía Laura Mariño ás portadas dos xornais. A nota atopada canda os corpos conduce a unha inevitábel conclusión: alguén pretende  

xogar con ela unha partida estraña e macabra, coa chanson francesa como banda sonora. Mais hai algún motivo oculto tras estas mortes? Ou son simples vítimas casuais dunha competición retorcida?

Coa axuda incondicional da súa amiga Sara Porto, Laura Mariño deberá desenlear un novo misterio e evitar máis crimes. É unha tarefa que desanimaría a calquera, mais Laura non é, nin pretende ser, unha universitaria do montón.

Consíguea na túa libraría ou neste enlace.

O Caso Quintana
Novela.
Belagua Ediciones, 2017.
Sara Porto devece por desempacar a súa maleta e comezar a súa vida universitaria. Independecia, novas amizades, festas... Que pode saír mal? Porén, axiña descubrirá que a universidade alberga tamén segredos e misterios, algúns deles soterrados no pasado.
Nos corredores da facultade de Psicoloxía, Sara atoparase con personaxes que farán máis peculiar e único o seu primeiro ano, pero ninguén tan excepcional coma Laura Mariño, a súa compañeira de cuarto. Irreverente, intelixente e estraña. Unha rapaza pouco convencional, cun xeito propio e diferente de moverse polo mundo.
Xunto a ela vivirá a aventura máis grande e perigosa da súa vida: a investigación de dous asasinatos cometidos na propia facultade. 

Consíguea na túa libraría ou neste enlace.

bottom of page